familias que len

O blogue da biblioteca do CPI da Ribeira

Calendario 2017

https://www.ceapa.es/content/calendario-de-competencias-clave-para-el-aprendizaje-permanente-ceapa-2017-0    A CEAPA (Confederación Española de Asociacións de pais e nais do alumnado) elaborou un calendario do 2017 que pretende ser unha guía para as familias, de modo que poidan realizar cos seus fillos e fillas actividades de cara a mellorar as súas competencias escolares e sociais.
   Premede na imaxe para ir á páxina da CEAPA e obter máis información.
    Tamén podedes descargar o calendario facendo clic aquí.

    O hábito lector xoga un papel determinante na formación como persoas dos nenos e das nenas. Trátase dunha das ferramentas imprescindibles das que fan uso as nais, pais e/ou responsables da súa súa educación. O hábito lector contribúe a unha aprendizaxe integral e permanente, abre vías para a reflexión e o pensamento, activa a imaxinación a partir da palabra, reforza as habilidades vinculadas coa linguaxe e ofrece, sobre todo, un lecer pracenteiro cunha morea de beneficios para quen aprende a gozar del.
    A formación de lectores, como todos os procesos de educación infantil, é una tarefa compartida entre a familia, a escola e da sociedade no seu conxunto. Pero, sen dúbida ningunha, correspóndelles aos pais e nais o papel primordial no achegamento inicial dos máis pequenos á lectura.


 
https://www.cultura.gal/gl/recursos-para-animacion-lectura-familias

Benvidos ao novo curso 2016-17

    Un ano máis dámosvos a benvida a este lugar de encontro que é a nosa biblioteca. Animámosvos a visitala e a compartir cos vosos nenos e nenas a experiencia de viaxar coa imaxinación e coa lectura.

    Nesta ocasión achegámosvos as ideas e experiencias que, dende "Aldeas Infantiles", nos propoñen aos profes e aos pais en relación cos valores do respecto e a convivencia contra o acoso escolar.

    Esperámos que vos sexan útiles.

(Premede nas imaxes para ver os contidos)

ED. PRIMARIA
http://acciones.aldeasinfantiles.es/camp/programas-pedagogicos/interactivo/abrazaosteusvalores2016/

ED. SECUNDARIA
http://acciones.aldeasinfantiles.es/camp/programas-pedagogicos/interactivo/parateparapensar2016/

A todas as familias que atopades unha fonte de pracer e de coñecemento na lectura aquí vos deixamos o enlace a
http://www.galiciale.gal/

GaliciaLe é a plataforma do libro electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á lectura neste formato.
GaliciaLe proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas no que os intereses de todas as persoas lectoras terán o seu espazo (ficción, informática, historia, ocio etc.) e todas as idades o seu lugar.
En GaliciaLe o lector atopará dous catálogos: un que contén o “Catálogo do libro electrónico galego” e outro que aloxa o “Catálogo do libro electrónico en castelán”. Os libros incluídos nestas dúas contornas poderán lerse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles, ordenadores persoais e lectores de libros electrónicos.


Spot da campaña de difusión do 25 de novembro de 2015, Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero, da Secretaría Xeral da Igualdade da Presidencia da Xunta de Galicia. 

Leamos e xoguemos cos nosos nenos

Na biblioteca estamos a preparar as mochilas viaxeiras.
Lembrade que están cheas de libros, música, películas e outros materiais para que disfrutedes en familia!

http://culturagalega.gal/noticia.php?id=25745#

Facede clic na imaxe para ler o contido desta nova publicada en culturagalega.org

Xa vedes que o libro electrónico está a despegar en Galicia. Non esquezades que na nosa biblioteca temos exemplares a disposición dos nosos nenos. Animádeos a utilizalos.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...