Cando esteades a ler co voso fillo ou filla, facémosvos as seguintes recomendacións:
* Apagade a tele ou a radio, para non vos distraer.
* Que non resulte unha obriga e que sexa un anaco divertido.
* Se os vosos fillos aínda non saben ler, podedes mirar con eles as imaxes dun libro ou lerlles algunha historia.
* Preguntádelle ao profesor ou ao responsable da biblioteca escolar do centro educativo dos vosos fillos que lecturas son máis apropiadas ou como tedes que facelo.
* Despois da lectura, comentade o que lestes: personaxes, situacións, etc., e relacionádeos coa vida cotiá.
* Se non tedes tempo para sentarvos a ler cos vosos fillos, que vos lean algo mentres facedes outra cousa: pasar o ferro, cociñar, coser, arranxar un aparato e, se estás canso, aproveita mentres descansas no sofá.
* Cando o teu fillo ou filla che lea o texto, procura:

- Que fale alto e claro.
- Que articule e vocalice ben.
- Correxilo cando pronuncie mal unha palabra, ou cando se salte algunha.
- Explicarlle as palabras que non entende. Para iso convén que teñas un dicionario a man.
- Que lea devagar, dando sentido ás frases, sen deterse.
- Que use a entoación axeitada, con expresividade, evitando a monotonía, e que adecúe a voz e os xestos ao tipo de texto que sexa: poesía, descrición, diálogo, etc.
* Por último, se un día, por calquera motivo, non podedes facer o voso anaco de lectura, non vos desanimedes: volvede intentalo ao día seguinte con máis gana.
Ánimo.
Ánimo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario